



 |
Vilas Dixitais é un proxecto dos concellos das Pontes e Vilalba para a implantación da sociedade da información e do coñecemento. Integrado no programa Ciudades Digitales do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, este proxecto consta de dúas actuacións esenciais que se realizarán durante os anos 2004 e 2005.
Estas experiencias piloto xirarán ao redor da creación dunha rede cidadá nos dous concellos, potenciada a través de telecentros parroquiais, e ao redor da dixitalización dos medios de comunicación municipais das Pontes.
|
Posta en funcionamento de Vilas Dixitais
Logo da inauguración oficial do proxecto, están operativos os dous portais cidadáns e xa se poden utilizar 25 dos telecentros de Vilalba e 11 das Pontes de García Rodríguez. Se tedes algunha dúbida ou suxerencia, aquí podedes contactar con nós.
Inauguración oficial do proxecto Vilas Dixitais
Este venres 3 de marzo tivo lugar a inauguración oficial do proxecto das Pontes e Vilalba, coa asistencia de destacadas autoridades das institucións promotoras do proxecto. Asímesmo, celebrouse a reunión da Comisión de seguimento do programa Cidades Dixitais en Galicia.
|
|