



 |
O proxecto Vilas Dixitais
Os Concellos de Vilalba e As Pontes participan no programa Ciudades Digitales, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para o desenvolvemento da Sociedade da Información, coa posta en marcha de dous proxectos piloto.
Estas dúas experiencias xirarán sobre a creación dunha rede cidadá nos dous concellos, potenciada a través das novas tecnoloxías, e sobre a dixitalización dos medios de comunicación municipais das Pontes. As actuacións que se levarán a cabo nas Pontes e Vilalba englóbanse nos planos de acción destes dous concellos para acadar a implantación da sociedade da información e do coñecemento: Pontes Dixitais e Alba Dixital, respectivamente.
Os resultados destas medidas, que se desenvolverán segundo as pautas que se indican de seguido, exportaranse como boas prácticas ao resto de concellos integrados no proxecto.
Así mesmo, as actuacións realizadas no resto de Ciudades Digitales do Estado permitirán implantar en Vilalba e nas Pontes as últimas innovacións no eido das novas tecnoloxías.
|
 |
|

Cando estará rematado o proxecto?
A dixitalización dos medios de comunicación rematarase neste mesmo ano 2004, mentres que os traballos correspondentes á rede cidadá continuarán ata mediados do ano 2005, coas tarefas dirixidas á formación e dinamización.
|
 |
|

Dossier Vilas Dixitais (As Pontes-Vilalba)


Descargar pdf
Presentación final do proxecto (As Pontes)


Descargar pdf
Presentación final do proxecto (Vilalba)


Descargar pdf
Convenio CC.AA. Galicia

Convenio de colaboración entre o Ministeri de Industria, Turismo e Comercio e a administración da CC.AA. de Galicia para a realización do proxecto de cidades dixitais con actuacións básicas no Concello da Estrada e actuacións complementarias nos concellos de Vilalba e As Pontes de García Rodríguez. 
Descargar pdf
Presentación do proxecto Vilas Dixitais

Arquivo pdf no que se fai un breve resumo dos obxectivos e actuacións que se desenvolverán dentro deste proxecto dos concellos das Pontes e Vilalba. 
Descargar pdf
|
 |
|

As vilas na sociedade da información

En febreiro de 2004, As Pontes e Vilalba acolleron a celebración destas xornadas, nas que se presentaron algúns proxectos innovadores para acadar a implantación da sociedade da información e do coñecemento neste tipo de núcleos de poboación.

|
 |
|
|