NOTICIAS
COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE CIDADES DIXITAIS DE GALICIA
Inauguración oficial do proxecto Vilas Dixitais

[07/03/2006] Este venres 3 de marzo tivo lugar a inauguración oficial do proxecto das Pontes e Vilalba, coa asistencia de destacadas autoridades das institucións promotoras do proxecto. Asímesmo, celebrouse a reunión da Comisión de seguimento do programa Cidades Dixitais en Galicia.

Os telecentros de Santaballa, en Vilalba, e Somede, nas Pontes, acolleron este venres 3 de marzo os actos de inauguración do proxecto Vilas Dixitais, iniciativa destes dous concellos para o desenvolvemento da sociedade da información na zona rural.
Os Directores Xerais de Comunicación Audiovisual e de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Xunta de Galicia e o responsable do programa de Cidades Dixitais do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio foron algunhas das autoridades que asistiron á posta en marcha oficial das actuacións executadas dentro de Vilas Dixitais. Os expertos salientaron a boa realización do proxecto, así como as posibilidades que ofrece para o acceso á rede no entorno rural.
Ademais, o telecentro de Santaballa foi a sede da celebración da xuntanza da Comisión de seguimento dos proxectos incluídos no programa de Cidades Dixitais de Galicia, no que acompañan a As Pontes de García Rodríguez e Vilalba, os concellos da Estrada, Lugo e Vigo. Neste encontro destacouse o grado de cumplimento dos proxectos da comunidade galega.
« Portada
|
 |
|