NOTICIAS
Posta en funcionamento de Vilas Dixitais

[07/03/2006] Logo da inauguración oficial do proxecto, están operativos os dous portais cidadáns e xa se poden utilizar 25 dos telecentros de Vilalba e 11 das Pontes de García Rodríguez. Se tedes algunha dúbida ou suxerencia, aquí podedes contactar con nós.

Malia que xa rematou a parte principal de Vilas Dixitais, dende agora quedan en funcionamento diversos mantementos do proxecto. Ante calquer problema no uso dos telecentros ou dos portais cidadáns, aspontes.net e vilalbadixital.net, podedes realizar a vosa consulta no propio concello ou ben dirixirvos directamente aos provedores, que atenderán as vosas solicitudes.
Para os telecentros:
- Ante fallos na conexión a internet haberá que contactar coa empresa Neo Sky, ben no correo electrónico info@neo-sky.com ou ben no teléfono 902 26 33 26.
- Mal funcionamento do equipamento, o contacto é a empresa Plexus, chamando ao teléfono 981 534 136 ou a través do correo info@plexus.es.
Para os portais cidadáns:
- Podedes solucionar calquer problema contactando con Vieiros.com, no teléfono 981 555 011 ou a través dos enderezos de correo soporte@aspontes.net ou soporte@vilalbadixital.net.
« Portada
|
 |
|