Vilas dixitais
O proxecto Vilas Dixitais Ciudades Digitales Actualidade
 
 
>  Vilas dixitais.
Cidadanía en rede, conectando co futuro
>  Telecentros:
tecnoloxías de vangarda para o rural
>  Formación dixital,
investimento no futuro
>  Portais informativos
dos veciños e as súas asociacións
>  Unha rede
para unha vida mellor
 
 

Vilas dixitais.
Cidadanía en rede, conectando co futuro

FotoVilas Dixitais é un proxecto para o desenvolvemento da sociedade da información nos concellos das Pontes de García Rodríguez e Vilalba que se basea na creación nas súas parroquias rurais de telecentros como puntos de conexión a internet vía satélite e como espazos de relación entre os veciños.

Vilas Dixitais é un proxecto que pon as máis avanzadas tecnoloxías ao servizo da convivencia, sabedores de que información é un recurso imprescindíbel para mellorar as condicións de vida e garantir a igualdade de oportunidades no acceso a bens e servizos por parte daquelas persoas que viven en parroquias rurais afastadas de grandes centros urbanos.

O proxecto de Vilas Dixitais quere achegar aos cidadáns o coñecemento das novas tecnoloxías e promover a súa participación como corresponsais informativos na elaboración de contidos e propostas para a novas formas de comunicación entre os veciños das Pontes e de Villaba, para o que se ofrecen ás asociacións e entidades sociais das Pontes e Vilalba infraestruturas, equipamentos e ferramentas de interrelación.
 
Gr‡fica
 
 
  Vilas dixitais